Nouveau (Galego)
| Summary |
|---|
| Este articulo mostra detalles da instalación do driver libre chamado Nouveau, que é un driver gráfico con aceleración 3D para placas de vídeo NVIDIA. O nome do proxecto refirese ao feito de que "nouveau" significa "novo" en francês. |
| Related |
| KMS |
| Xorg (Portugues) |
Nouveau é un driver gráfico libre para placas de vídeo NVIDIA.
Se vostede tivera algunha dúbida, non se esqueza de verificar o FAQ, debido a que hai unha gran cantidade de información valiosa.
Contents
Instalación
Antes de proseguir, da unha ollada no FeatureMatrix (páxina en ingles) para ver que recursos son soportados pola arquitectura dada, e a lista de codenames (páxina en ingles) para determinar a categoria da tarxeta de vídeo.
Vostede tamén pode consultar a wikipedia para obter unha lista ainda mais detallada.
- Instale o driver DDX co seguinte paquete:
# pacman -S xf86-video-nouveau
- Tamén asegurese de que vostede ten Xorg instalado correctamente.
- Se vostede quere acelerado por hardware con soporte 3D (por exemplo: para correr o GNOME Shell ou efectos KWin), instale o driver DRI co seguinte paquete:
# pacman -S nouveau-dri
- Advertencia:
- O driver DRI é experimental, e pode causar corrupcións nos renderizados ou bloqueos aleatórios do GPU (especialmente en placas mais antigas que utiliza o driver clásico de Mesa). Se vostede vai utilizalo, recomendase utilizar a Magic SysRq key (chave máxica SysRq) para ser capaz de recuperarse de un bloqueo.
- Vexa http://nouveau.freedesktop.org/wiki/MesaDrivers antes de reportar bugs cos drivers 3D.
Cargamento
O módulo do kernel nouveau debe cargar automaticamente na inicialización do sistema.
Se iso non pasase, entón:
- Comprobe que non ten o nomodeset ou vga= na liña do kernel no GRUB menu.lst/menu.cfg, xa que o Nouveau precisa do mode-setting do kernel, para executar correctamente (vexa abaixo).
- Ademais diso, verifique se vostede non desactivou o Nouveau utilizando calquera blacklist (lista negra) do modprobe dentro do /etc/modprobe.d/.
KMS
Kernel Mode-Setting (KMS) é esixido polo driver Nouveau. Como o sistema é inicializado, a resolución probablemente vai mudar cando KMS inicialice o driver de vídeo. Simplemente instale o driver Nouveau que debe ser suficiente para recoñecer o sistema e inicialice o modo "Late Start" (Início Tardio) (vexa abaixo). Para complementar a lectura, vexa: KernelModeSetting (páxina en inglês).
Late start (Início Tardio)
Con esta elección, o KMS será habilitado cando os outros módulos do kernel sexan cargados. Vostede verá o texto "Cargando módulos", o tamaño do texto pode mudar, posiblemente cunha intermitencia non desexable na pantalla.
Early start (Início Precoz)
Con este metodo o KMS vai comezar o máis cedo posible cando o initramfs é cargado no proceso de inicialización. Aqui está o xeito de como facer iso cos paquetes oficiais:
- Engadir "nouveau" na opción MODULES que está no /etc/mkinitcpio.conf:
MODULES="... nouveau ..."
- Rexenerar a imaxe de inicialización:
# mkinitcpio -p <kernel preset, e.g. linux-libre>
Se experimenta problemas co nouveau polo feito de ter reconstruido o nouveau-drm várias veces para a finalidade de probas, non engada nouveau no initramfs. Isto é mais fácil para que o initramfs se esqueza de reconstruir isto e así non fará a proba máis dificultosa. Chega con utilizar o início tardio até que vostede estea seguro de que o sistema sexa estáble. Pode haber problemas adicionais co initramfs se vostede precisa dun firmware para a família NV50.
Consellos e trucos
Rasgando a composición libre
Edite o seu /etc/X11/xorg.conf.d/20-nouveau.conf, e na sesión "Device section" engada o seguinte:
Section "Device"
Identifier "nvidia card"
Driver "nouveau"
Option "GLXVBlank" "true"
EndSection
DualHead (Monitores múltiplos)
Nouveau soporta a extensión xrandr para monitores modesetting e múltiplos. Vexa a páxina de tutoriais RandR12 para obter maior información.
Aquí está un exemplo completo do /etc/X11/xorg.conf.d/20-nouveau.conf para executar 2 monitores no modo DualHead. Vostede pode preferir utilizar unha ferramenta gráfica para configurar os monitores, como o panel do GNOME Control Center Display ( gnome-control-center display).
# the right one
Section "Monitor"
Identifier "NEC"
Option "PreferredMode" "1280x1024_60.00"
EndSection
# the left one
Section "Monitor"
Identifier "FUS"
Option "PreferredMode" "1280x1024_60.00"
Option "LeftOf" "NEC"
EndSection
Section "Device"
Identifier "nvidia card"
Driver "nouveau"
Option "Monitor-DVI-I-0" "NEC"
Option "Monitor-DVI-I-1" "FUS"
EndSection
Section "Screen"
Identifier "screen1"
DefaultDepth 24
SubSection "Display"
Depth 24
Virtual 2560 2048
EndSubSection
Device "nvidia card"
EndSection
Section "ServerLayout"
Identifier "layout1"
Screen "screen1"
EndSection
Configurando a resolución da consola
Utilice a ferramenta fbset para axustar a resolución da consola.
Vostede tamén pode pasar a resolución para nouveau coa opción da liña video= kernel (vexa KMS).